O Centro Superior de Hostelería de Galicia organiza este sábado un obradoiro de cociña Thai impartido pola cociñeira profesional Marián Rodríguez na aula de Cociña Demostración do CSHG. O obradoiro impartirase en dous turnos, un de 10.30 a 13.30 horas e o segundo turno entre as 17.00 e as 20.00 horas, cun total de 20 prazas.
Os alumnos poderán degustar e tamén cociñar os pratos tailandeses que Marián Rodríguez lles aprenderá a preparar e que son os seguintes: rolliños tailandeses picantes; pad thai; curry panang de tenreira e mango; curry verde de peixe con lemon grass e lima kaffir; brochetas de polo satay e arroz glutinoso doce con mango sliced.
Máis adiante, no mes de marzo, celebraranse cursos de cociña vexetariana e saudable e un obradoiro de iniciación á repostería decorada para facer galletas e cupcakes. Xa en abril os obradoiros centraranse no sushi e na pasta fresca.
Inscricións en tallerescocina@cshg.es.