Esta que comeza é unha das fins de semana máis festivas do ano. No aspecto gastronómico son varias as citas que se nos presentan, se ben a Feira do Cocido de Lalín, que cumpre corenta e catro edicións, é a máis salientable. Ás 10.45 horas comeza na Casa Consistorial o Capítulo Xeral da Encomenda do Cocido. Ás 12.00 horas abrirase oficialmente a Feira e media hora despois terá lugar a lectura do pregón, neste caso a cargo do xornalista Pedro Piqueras. Ás 13.00 horas dará comezo o desfile de carrozas, charangas e comparsas que dará paso ao xantar. Os asistentes poderán participar na maridaxe entre o cocido e os viños da DO Monterrei, que son os viños “oficiais” desta edición da feira.
En A Fonsagrada (Lugo) celébrase a Feira do Butelo durante toda a fin de semana. Os asistentes poderán facer un percorrido polos stands dos 60 expositores presentes e degustar o produto, acompañado doutros derivados do porco celta, así como doces, mel e produtos da horta.
Outra cita é a Feira do Queixo de Abegondo (A Coruña), na que participarán produtores de toda a comarca. Os asistentes poderán votar os mellores queixos e participar tamén nunha degustación de lacón.
E no que respecta aos actos meramente de Entroido, aquí van algunhas propostas:
-Feira do Entroido de Nadela (Lugo): Domingo 12. 9.00 horas, apertura da feira. 13.00 horas, lectura do pregón a cargo de Bernardino Pardo. 21.00 horas, verbena.
-Entroido de Pontevedra: Sábado 11. 12.00 horas, pasarrúas das Madamas de Galáns de Cobres.
-Entroido da Ulla: Vilanova (17.30 horas), Lamela (18.00 horas), Marrozos (19.30 h.) e Reis (20.00 h.), o sábado 11. Bama (16.00 h.), Merza (17.00 h.) e Reis (20.00 h.)o domingo 12.
-Entroido de Verín: Domingo 12. Pola mañá, concentración de Cigarróns na praza do Concello. Posterior xantar na praza da Alameda.
-Entroido de Xinzo de Limia: Domingo 12. Domingo Corredoiro.