Vanse achegando as datas de celebración do Fórum Gastronómico de Santiago e as diferentes actividades encadradas no programa van tomando forma. Unha delas será a terceira edición do Concurso de Pulpeiras, que terá lugar o domingo 26 e que aínda mantén aberto o prazo de inscrición. Os interesados en participar, poden atopar máis información en www.forumsantiago.com.
Por outra banda, aínda se pode formalizar a reserva para as distintas sesións que acollerá o Fórum. A entrada xeral ao recinto é de 5 euros o domingo, mentres que a entrada profesional é de 15 euros o luns e o martes. Con esta entrada, o portador poderá acceder libremente aos actos que se realicen no Auditorio pero para o resto de sesións será necesario reservar praza.
Un dos eventos previstos será unha especial homenaxe culinaria a Álvaro Cunqueiro na que participarán, entre outros cociñeiros, Alfonso González Pendás (foto) que preparará unha xarda marinada con millo.