O IES de Foz acolle, este martes e mércores, o V Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e o IV Campionato de Baristas da Rexión Noroeste SCAE de España. Na proba internacional participarán 15 Escolas de Hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal. As demostracións darán comezo ás 9.00 horas do martes e prolongaranse ao longo de toda a mañá, para rematar ás 15.00 horas coa entrega de premios.
O mércores terá lugar o IV Campionato de Baristas da Rexión Noroeste SCAE, no que se darán cita doce profesionais da hostalería de todo o país. Ao longo das dúas xornadas haberá demostracións de Latte Art a cargo de ex alumnos do IES de Foz e degustacións gratuítas de café.
Na presentación do evento, o deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val, deu os seus parabéns ó instituto mariñano por esta iniciativa, grazas á que Foz é un “referente en España nesta especialidade profesional, o que prestixia a imaxe da Mariña e do resto da provincia, e amplía as posibilidades de inserción laboral da xente moza”. O deputado subliñou neste senso que os campionatos de baristas contribúen a “dignificar e potenciar a figura do profesional do café, desterrando a idea de que para preparar un bo café non é necesario ter coñecementos nin aptitudes”.