O leite de Feiraco tamén vai de Entroido

A cooperativa Feiraco tamén quixo sumarse aos actos do Entroido, neste caso cunha campaña especial que engloba varias accións e que ter por lema “Neste Entroido todas as vacas queren ser Feiraco”. Así, os envases de leite Feiraco vestiranse cada un deles –enteira, semidesnatada e desnatada- coa súa cor característica nunha edición especial deseñada para a ocasión e que xa pode atoparse nos supermercados galegos.

Xunto cos cartóns de leite repartiranse unhas máscaras que estarán dispoñibles en tres orixinais modelos. Tamén se colocarán mupys coas imaxes da campaña nos distintos circuítos de mobiliario urbano das cidades galegas.