Turgalicia presentará dende mañá mércores ata o domingo día 4 de marzo a oferta turística de Galicia e o Camiño de Santiago en Portugal, dentro da principal feira de Turismo do país veciño: a Bolsa do Turismo de Lisboa (BTL). Nesta edición, Turgalicia acudirá cun stand propio de 108 metros cadrados no que presentará os recursos turísticos galegos baixo o paraugas da marca “Galicia, gárdasme o segredo?”, que inclúe os produtos cabeceira de marca: Camiño de Santiago, Mananciais de Galicia, Bosques de Galicia, Patrimonio oculto, Paseando entre viñedos, Turismo mariñeiro, Ruta da Camelia, Santuarios máxicos, Faros e praias salvaxes e Lugares únicos.
Ademais, como novidade, a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia difundirá entre o público asistente á feira o mapa de Xeodestinos de Galicia, no que se distribúen as 14 zonas turísticas do territorio galego.
Termatalia. Esta mesma feira acollerá, o día 1 de marzo, a presentación de Termatalia Perú. O acto terá lugar no stand de Turismo de Porto e Norte a partir das 12.15 horas.