O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolle ata mediados de marzo un programa de visitas dos representantes dunha vintena de compañías hoteleiras que ofrecerán prácticas aos 400 alumnos do CSHG. As compañías comprenden todo o produto hoteleiro e os alumnos poderán facer prácticas en hoteis de turismo urbano, pertencentes ao segmento de luxo ou vacacionais.
Cada un dos alumnos recibirán entre tres e cinco ofertas de prácticas, cada un en función do resultado das entrevistas que manteñan cos directivos de Recursos Humanos e deste xeito poderán decidir finalmente a opción máis axeitada ao seu proceso de aprendizaxe.
Este ano as compañías Orient Express, Fairmont de Montecarlo e Kempinski visitan o centro por primeira vez pero os alumnos poderán realizar as súas prácticas noutras compañías que xa teñen colaborado en múltiples ocasións co centro como Ritz Carlton, H10-Hoteles, Orizonia-Luabay ou Meliá Hotels International.