A S.A de Xestión do Plan Xacobeo participou cun espazo propio dentro do stand de Turespaña na feira de turismo e viaxes Holidayworld que tivo lugar entre os días 9 e 12 de febreiro en Praga. A asistencia de público acadou os 32.000 visitantes e, segundo a Xunta, o interese en España non só se cinguiu ao produto “sol e praia”. Nesta feira, ademais de prover de información tanto a axencias e turoperadores como a interesados nos Camiños de Santiago en xeral, o Xacobeo repartiu folletos tamén de Galicia como destino.
O Xacobeo aproveitou a ocasión para establecer contacto con medios de comunicación locais de cara a realizar diversas accións divulgativas tales como programas de televisión ou a posible publicación dun monográfico sobre os Camiños nunha revista especializada.