Unha das publicacións de referencia no mundo no sector da gastronomía, a Guía Michelin, recibirá este ano o Premio Especial que outorga a redacción da revista Hostelería Galega & Turismo. O acto de entrega celebrarase no transcurso da XIV Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, que terá lugar o próximo 20 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra (19.00 h.).
O director da Guía Michelin en España, Fernando Rubiato, será o encargado de recoller o galardón.
O resto de premiados (aqueles que recibirán o Pergameo e/ou a Medalla Dagda) dirimiranse a semana próxima, na última reunión que celebrará o xurado antes da Gala. Dito encontro desenvolverase o mércores 22 de febreiro en Sober. De aí sairá a lista final de empresas, iniciativas e persoeiros que o 20 de marzo serán recoñecidos como os mellores do ano nas súas diferentes disciplinas.
A Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, que este ano cumpre a súa edición número catorce, está convocada conxuntamente pola revista Hostelería Galega & Turismo e a Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agaxet).