O secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Justo de Benito Basanta, entregou os galardóns da sección galega dos Premios Europeos de Medio Ambiente á empresa. Estes galardóns pretenden ser un recoñecemento público aos sectores empresariais europeos que cumpren co desenvolvemento sostible, a través das súas prácticas e políticas.
No que se refire á xestión para o desenvolvemento sostible, concédese o premio desta edición á empresa Augas de Mondariz Fuente del Val S.L. Trátase da primeira empresa nacional do sector en lograr a certificación europea EMAS III. Na categoría de proceso para o desenvolvemento sostible, entrégase o galardón á empresa Teaxul, S.A, que se dedica á fabricación e venta de sistemas industriais.
Na edición anterior, correspondente á convocatoria 2009-2010, resultaron galardoados Obras Civiles del Atlántico, S.L. e a empresa Alvarella Ecoturismo, S.L.