Presentación da carne do Boi do Baladoiro

Reast beef, carpaccio do Boi ou entrecosto de terneira son algunhas das delicias que se servirán mañá no Hotel Talaso Atlántico durante a presentación en sociedade do Boi do Baladoiro, empresa pioneira na obtención de carne galega sen graxa, criada de forma natural e sostible.


Xosé Manuel Méndez, director da explotación, aproveitará a presentación para amosarlle ós asistentes as características desta carne criada en libertade a partir de criterios sostibles e alimentando ás reses a base de herba, castañas, bellotas ou manzás que se producen de forma natural na súa finca. Un modelo de negocio ecolóxico e respetuoso co medio natural a través do que se pretende impulsar a ganadería de Galicia.