O próximo mércores día 29 de febreiro remata o prazo para que todos os hosteleiros que queiran participar na elaboración de menús típicos da época romana e castrexa se inscriban. Deberán facelo a través do correo electrónico xuventude@concellodelugo.org, a través do 010 ou na propia Concellería de Xuventude, e formarán parte dunha guía na que se sinalarán as rutas dos locais.
Así, durante o mes de xuño todas as persoas que se acheguen a estes locais poderán degustar a gastronomía típica da época romana a prezos asequibles.
Por outro lado, a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude de Lugo informa de que tamén o próximo mércores remata o prazo para presentar as propostas para o cartel anunciador que, por primeira vez, vaise seleccionar a través dun concurso aberto a toda a poboación. Para seleccionar ao gañador valorarase o predominio da cor vermella como simboloxía do lume. O premio para o gañador é de 1.000 euros.