O Parador de Turismo de Monforte de Lemos acolle este venres a Cata de Calificación da colleita 2011 na D.O. Ribeira Sacra, a colleita máis abundante da Denominación. As Catas de Calificación da Ribeira Sacra teñen carácter itinerante por subzonas e nesta ocasión o turno é para a subzona de Amandi. O pasado ano a cita foi en Trives, onde a colleita 2010 obtiña a valoración de Moi Boa.
Para o panel de cata espérase contar, entre outros, con Iria Otero (Gallaecia), Marcial Pita (Asociación Galega de Catadores), Álvaro Bueno (Asociación Galega de Enológos) e José Antonio Portela (Agasu). O panel de cata valorará 10 mostras, 2 por subzona, buscando ter representación en cada subzona dunha adega de moita produción e outra de pouca produción.