Santiago Hostelería presenta o último número da súa revista

O Hostal dos Reis Católicos acolle este mércores a presentación do último número da revista CompHostelería “Santiago é Hospitalidade”, que fai o 154. Entre as seccións incluídas na publicación destaca unha ampla reportaxe sobre a inauguración das novas instalacións do Centro de Formación e Cultura Gastronómica da asociación. Ademais, na sección “Na cama con” coñeceremos as preferencias gastronómicas de Carles Francino, director e presentador de Hoy por Hoy (Cadena SER).

Na “Historia da Hostelería” farase un percorrido polos 50 anos da Cafetería Venecia e tamén se fará referencia a Ferrán Adriá, Manuel Fraga, Jorge Drexler e Gema Mengual na sección “Persoeiros en Compostela”. O acto de presentación deste último número correrá a cargo de Julio Castro, director do Parador e membro da directiva de Hostelería Compostela.