A concelleira de Turismo e Mercados de Santiago, Reyes Leis, presentou “Santiago. Mmm… que rico!”, unha nova publicación de Turismo de Santiago pensada para que os máis pequenos descubran a cidade a través da gastronomía. Así, os cativos poden participar nun xogo-guía co que aprenderán ao mesmo tempo que pasan un bo rato xogando polas rúas de Compostela.
A publicación pode adquirirse na Oficina de Información de Turismo de Santiago, onde comeza o xogo. Os participantes pasarán, entre outros puntos, pola praza das Praterías, o Obradoiro, a rúa do Franco e o arco de Mazarelos, entre outros. Con este novo material, o Concello busca potenciar o turismo familiar na cidade.