Os xardíns do Castelo de Soutomaior (Pontevedra) veñen de acadar o recoñecemento como Xardín de Excelencia Internacional no transcurso do Congreso Internacional da Camelia que se celebrou entre o 7 e o 9 de febreiro na localidade China de Chuxiong. Soutomaior convértese así no primeiro xardín de España e no sétimo de Europa en acadar esta distinción, que ata o de agora só posuían 18 xardíns en todo o mundo.
A Sociedade Internacional da Camelia (SCI) valorou os esforzos da Deputación de Pontevedra –titular do Castelo e o seu xardín- por conservar, manter e difundir este parque botánico no que a camelia ten un peso moi notable.
Soutomaior ten na actualidade 330 cultivares diferentes, 25 especies e 29 híbridos, pero, ademais, a Sociedade Internacional valorou tamén que os xardíns posúen unha colección de camelias históricas do século XIX –entre elas o exemplar de camelia xapónica máis voluminoso de Galicia–, e que estas camelias comparten espazo con preto doutras 200 especies botánicas, entre as que se atopan 12 exemplares incluídos no catálogo de Árbores Monumentais de Galicia. Agárdase que este recoñecemento contribúa a aumentar as visitas a este enclave da provincia de Pontevedra.