A situación económica actual levou a Terras de Pontevedra –entidade turística da Mancomunidade de Pontevedra- a fundirse definitivamente con Turismo de Pontevedra –entidade municipal-. Así o acordaron os concellos integrantes, é dicir, Marín, Poio, Cotobade, Pontecaldelas, Vilaboa e Campo Lameiro, ademais da capital, de cara a optimizar recursos.
O pleno da Mancomunidade decidiu realizar unha Encomenda de Xestión da xerencia de "Terras" na de Turismo de Pontevedra, polo que ámbalas entidades compartirán dirección técnica, aforrando diñeiro público. O Concello capitalino pagará o 60% dos custes da xerencia, quedando o resto a conta da Mancomunidade de concellos.
Precisamente a optimización de recursos está detrás destes cambios, que se realizan unha vez que Terras cumpriu os seus obxectivos iniciais de levar a cabo un Plan de Dinamización de Produto turístico apoiado polos gobernos español e galego. A experiencia foi tan positiva, que os responsables locais decidiron continuar coa xestión conxunta da política turística comarcal, aprovietando produtos e sinerxias creados durante estes catro anos.