Continúa celebrándose Xantar en Ourense. Un dos actos máis multitudinarios entre os celebrados na xornada inaugural foi a homenaxe que se rendeu aos restaurantes galegos con estrela Michelin e soles Repsol, que estivo presidido polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Nomeadamente, recolleron cadanseu recoñecemento Julio Cesar Castro, de Restaurante Dos Reis (Santiago de Compostela); Flavio Morganti, de Restaurante Galileo (Pereiro de Aguiar), Alberto Domínguez, de Restaurante d'Berto (O Grove); Felipe Álvarez, de Casa Alfredo (Mos); Javier Olleros, de Culler de Pau (O Grove); Alberto González, de Restaurante Silabario (Tui); Alfredo Castrelo, de Restaurante El Refugio (Oleiros); Manuel Balseiro, de Restaurante Nito (Viveiro); Marcelo Tejedor, de Casa Marcelo (Santiago de Compostela); Ana García, de Restaurante Ana (Santiago de Compostela); e Chito Bóveda, de Casa Bóveda (Carril).
Na súa intervención, Anxo Lorenzo felicitou os profesionais galardoados “polo que ofrecen de noso como pobo e por manteren a imaxe de Galicia como un centro de atención gastronómica máis alá das nosas fronteiras”. Lorenzo destacou ademais que “a actual gastronomía galega tamén incorpora as correntes do mundo globalizado no que vivimos”. Neste sentido, considerou que “a apertura a novos sabores e a novas texturas nos axuda a ver a realidade desde novas perspectivas e a comprender o que outros manifestan”.
Despois da entrega de recoñecementos, o alumnado de Formación Profesional do IES Vilamarín serviu un cóctel, como parte da súa participación neste salón.