A Xunta de Galicia presentou aos representantes do sector empresarial turístico o programa de apoio á implantación e difusión da marca Q, de Calidade turística, para o ano 2012. Na xuntaza estiveron presentes responsables das asociacións de empresarios de Turismo Rural, axencias de viaxes, Cehosga, empresarios náuticos e do sector do golf e representantes das Rutas dos Viños de Galicia.
As accións que levará a cabo a Administración galega para fomentar a difusión da marca Q de Calidade turística en Galicia céntranse na oferta dun servizo de consultoría no ámbito colectivo para as empresas das asociacións que estimen oportuno adherirse ao sistema de calidade no Turismo. Por outra parte, a Xunta incentivará economicamente aos empresarios que implanten este este sistema no ámbito individual soportando os custos directos das auditorías externas de certificación ou renovación da marca Q, así como a cota de mantemento do distintivo de calidade.
Ademais, como novidade, para o este ano 2012 está prevista a sinatura de dous novos convenios de colaboración entre a Xunta de Galicia e o sector industrial –no ámbito das adegas visitables- e do lecer nocturno.
Por outra parte, a Secretaría Xeral para o Turismo establecerá unha liña de subvencións a establecementos de turismo rural, hoteis e vivendas turísticas, acampamentos, axencias de viaxes, cafeterías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios para a certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, ao obxecto da obtención ou mantemento da marca Q de Calidade turística outorgada polo Instituto para a Calidade Turística de España (ICTE).