A Consellería do Medio Rural e do Mar promocionará os produtos pesqueiros e do campo galegos na Mediterranean Seafood de Rimini (Italia), que comeza este sábado. Desprazará con tal motivo un stand institucional que aportará un punto de información sobre os produtos tanto frescos como conxelados do sector pesqueiro galego. Asimesmo, servirá de apoio ás catorce empresas galegas participantes nesta edición.
O obxectivo do departamento que dirixe Rosa Quintana (foto) é “potenciar a imaxe nacional e internacional do noso sector marítimo e agrícola nos diferentes eventos gastronómicos e así xerar actividade comercial”.