Galicia recibirá preto de 3,7 millóns de euros para cubrir as necesidades de reestruturación e reconversión de viñedos trala modificación no cadro financeiro do ‘Programa de Apoio ao Viño para o exercicio 2012’, que está dotado de 358 millóns de euros. Á nosa Comunidade corresponderanlle preto de 3,7 millóns de euros, dos cales case 2,3 xa foron distribuídos como anticipo desta dotación. Así o puido comprobar a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, que asistiu esta mañá en Madrid á Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural (foto), co fin de participar na distribución definitiva de fondos para o sector vitivinícola.
Esta nova distribución atende a unha serie de criterios en cuxa valoración e discusión interveñen as diferentes comunidades autónomas. No seu momento, Galicia defendeu “a necesidade de modificar os criterios ponderados tales coma os da superficie dos viñedos (que favorecen a territorios con gran extensión destes cultivos) e que se tiveran en conta outras cuestións amén da evolución da nosa viticultura ao longo dos últimos decenios tales como a peculiaridade da orografía galega e os maiores custes de produción”.