Os alumnos do Ciclo Medio de Cociña de adultos do IES de Foz visitaron as instalacións de Alcoa e a nave de Pescados Rubén, en Fazouro, acompañados das profesoras Olga Fraga e Leticia Maseda. En Alcoa, puideron comprobar de primeira man como funciona unha cociña a nivel industrial, e aplicar os coñecementos adquiridos no módulo formativo de "Seguridade e hixiene".
Na nave de Pescados Rubén en Fazouro viron todo o proceso industrial e a elaboración de produto conxelado.