“As actividades enogastronómicas axudarána consolidar a Feira do Viño do Ribeiro e servirán para vincular os nosos caldos coa comida de calidade e converternos nun destino turístico gastronómico de primeiro nivel”, erxplicou Marcos Blanco, alcalde de Ribadavia co gallo da presentación da XLIX Festa do Viño do Ribeiro, que se clebrará durante a primeira semana de maio. Cómpre lembrar que a gastronomía é o segunda motivación dos visitantes que acuden a Galicia, despois do contorno paisaxístico e cultural.
Entre as actividades propostas resltan os obradoiros de cociña ou showcookings nos que participarán os mellores cociñeiros de Galicia e que maridarán os viños do Ribeiro con cociña galega innovadora e tradicional. Ademais haberá actividades de cociña para nenos, obradoiros para os visitantes e talleres de maridaxe. O reputado cociñeiro Dani Guzmán será o coordinador destas actividades enogastronómicas e que contribuirán a dar unha imaxe de calidade ao viño do Ribeiro.