O IES de Foz acolleu este mércores unha cata de aceites dirixida a todo o alumnado de hostalería. A cata, a cargo da Denominación de Orixe Montes de Toledo, foi impartida por Enrique García Tenorio, director da D.O. Durante a charla catáronse catro aceites: manzanilla, cornicabra, arbequina e lampante. O alumnado tamén puido ulir dous aceites para descubrir as impurezas que este pode chegar a ter debido a unha mala manipulación ou conservación.
Esta cata de aceites súmase a outra de chocolates celebrada esta mesma semana, impartirda por Daniel Hughes, da empresa Valhrona.
E os alumnos do CIFP Compostela participaron nunha sesión que tivo como protagonista o Orujo de Galicia. Os alumnos do Ciclo Superior de Hostalería elaboraron varias creacións de cociña, repostaría e coctelaría cos destilados galegos, demostrando a súa versatilidade. A xornada, promovida polo Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais, demostran que estes produtos aportan un “toque diferente” que “sorprende agradablemente ao padal”.