Friol convídanos a gozar do queixo e do pan artesán

O concello lucense de Friol celebra este domingo a feira anual do queixo e do pan de Ousá. En total, prevese poñer á venda uns 10.000 queixos e 3.000 pezas de pan. A cita conta coa colaboración de 100 produtores de queixo e seis panaderías. O conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, será o encargado de inaugurar oficialmente a feira.

En Pontevedra tamén nos convidan a gozar das excelencias do pan artesanal na I Festa do Pan, que se celebra nunha curiosa instalación ubicada na Praza de España. O pan poderase combinar con produtos coma os ovos fritidos, os chourizos, o polbo, o paté, etc.

Máis ao sur, en Baiona, rematan este domingo as xornadas gastronómicas do percebe, que comezaron o pasado día 20. Están organizadas por Quinta do Ramo en colaboración coa cooperativa A Percebería e Adegas Valmiñor.

E xa no veciño Portugal, máis concretamente no municipio de Viana do Castelo, comeza este domingo a programación especial da Pascoa Doce. Haberá que agardar, sen embargo, ata o venres para que cheguen os primeiros actos meramente gastronómicos. Serán a Festa do Doce e do Vinho e a Fin-de-Semana Gastronómica que agardan suscitar o interese dos galegos.