Galegos e recoñecidos: producto "made in" Galicia con mucho gusto

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, destacou hoxe a “extraordinaria calidade” dos produtos agroalimentarios galegos, que os converte “nos mellores embaixadores” de Galicia “dentro e fóra das nosas fronteiras”.

Louzán participou, xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o secretario xeral de Medio Rural, Tomás Fernández Couto, e os presidentes e representantes de 19 dos 22 Consellos Reguladores existentes en Galicia, na xuntanza anual destes órganos, que este ano se celebrou na adega Lagar de Pintos, no concello de Ribadumia (D.O. Rías Baixas).

Rafael Louzán incidiu na necesidade de traballar para seguir promocionando uns “produtos de altísima calidade” e agradeceu a labor dos Consellos Reguladores, asegurando que os distintos tipos de DO son unha “marca extraordinaria e a mellor embaixadora que temos dos nosos produtos dentro e fóra de Galicia”.

Pevia á comidada de confraternidade celebrouse unha xutanza de traballo cos Consellos Reguladores preparatoria das eleccións que se celebrarán en 17 destes organismos o vindeiro 3 de xuño. Neste encontro o secreterio xeral de Medio Rural, Tomás Fernámdez Couto, salientou que o sector agroalimentario galego está aguantando a crise de xeito salientable por tratarse de produtos recoñecidos nacional e internacionalmnete, algo no que cúmpre insisirtir. O Menú desta comida de confraternidade foi servido polo restaurador Pepe Solla.