A secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, recibiu en Santiago a dous representantes da Embaixada de Xapón en España. O xefe da Sección de Asuntos Xerais da Embaixada de Xapón, Shogo Toyota, e mais o Primeiro Secretario de Asuntos Económicos e de Turismo, Hiroaki Kokuma, mantiveron un encontro coa responsable da Administración turística no que expuxeron a programación que teñen previsto realizar con motivo da conmemoración dos 400 anos de relacións bilaterais entre España e Xapón, o que se denomina en España 400 Anos de Intercambio Hispano-Xaponés e en Xapón O Ano de España en Xapón.
Os anos 2013 e 2014 coinciden cos catro séculos da Misión a Europa da Era Keicho, unha misión ordenada polo señor feudal Masamune Date que tiña por obxectivo entrevistarse co Rei de España e mais co Pontífice Romano. Esta misión diplomática recibiu o nome de Misión a Europa da Era Keicho. O embaixador enviado chegou a España sete anos despois, sendo o primeiro xaponés que cruzou o Pacífico e o Atlántico. O obxectivo desta delegación consistía en solicitar o envío de misioneiros e establecer relacións comerciais con México, colonia española.