Galicia Calidade continúa coa promoción das empresas que contan con produtos amparados. Nesta ocasión, aproveitando a celebración do Leadershipo Fórum Galicia, que se celebra este venres e sábado na Fundación Caixa Galicia na Coruña, realizará unha degustación de produtos para os asistentes ao evento.
Un dos grandes patrocinadores do evento será Custom Drinks, empresa propiedade de Hijos de Rivera, e amparada por Galicia Calidade, que deseñou para a ocasión unha bebida personalizada e que será repartida entre os asistentes. O seu director comercial, César Carballo, apuntou que “é unha bebida enerxética, antioxidante, con sabor a mazá e innovadora, ao igual que este evento”.
A cea que incluirá unha degustación de produtos Galicia Calidade celebrarase o venres no Restaurante Domus.