Alimentaria abrirá as súas portas en Barcelona o luns e, como en anteriores ocasións, Galicia enviará unha diversa representación dos seus produtos, tanto a través de organismos públicos como directamente a cargo das empresas. Por exemplo, a Xunta de Galicia ten programadas un total de catorce presentacións que se ciñen aos queixos, os viños das cinco DD.OO. galegas, Ternera Gallega e os licores tradicionais de Galicia.
No tocante ás empresas, entre as que estarán representadas en Alimentaria destaca Godeval que promocionará os seus viños no stand pertencente ao distribuidor Vinum Nostrum. Pola súa banda, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra realizará unha presentación dos seus plans de proxección internacional o martes 27. E outra adega que aproveitará a ocasión, neste caso, para presentar o seu último lanzamento é Paco & Lola. Presentará en Alimentaria o albariño Follas Novas, un viño elaborado ao estilo tradicional procedente de viñedos de entre 20 e 40 anos. A adega arousana contará cun stand propio na feira no que, ademais, presentará a añada 2011 dos seus viños.