Turgalicia promociona estes días os principais portos galegos como destino para os cruceiros internacionais nun dos mercados máis importantes do mundo: a feira Sea Trade Cruise Shipping, que se celebra en Miami. Trátase do certame profesional máis importante neste segmento no ámbito mundial, e nel participan empresarios e administracións vencelladas co turismo de cruceiros.
Nesta ocasión, Turgalicia conta cun módulo de promoción dentro do stand xeral de Turespaña, no que, ademais de información sobre os portos galegos, se difunden propostas sobre a oferta turística global da nosa comunidade.
Por outra banda, o Turismo galego tamén está presente na segunda edición da feira vitual de Turismo de España en Canadá e os Estados Unidos, organizada pola Oficina de España en Toronto e baixo a denominación ‘Conexión Spain Virtual’. Nesta feira, que se celebra ata o xoves, o Turismo galego dispón tamén dun stand no que os visitantes virtuais poden demandar información sobre a oferta turística de Galicia.