Galicia promociónase por vez primeira na feira Guangzhou de China

Turgalicia leva a oferta galega á feira Guangzhou International Travel Fair (GITF), que constitúe o mercado turístico máis importante do sur de China. O Turismo galego acude por primeira vez a este certame turístico, cun expositor dentro do stand de Turespaña, para difundir os valores turísticos de Galicia e o Camiño de Santiago nunha das rexións chinesas que conta co maior número de operadores turísticos e axencias de viaxe do país asiático. Trátase da primeira vez que Turgalicia asiste a unha feira turística no país asiático.

Por outra parte, dentro das accións para a promoción do Turismo de Galicia en China, Turgalicia tamén mantén desde o ano pasado un sito web en chinés cos datos turísticos máis importantes da Comunidade galega.

Por outra banda, a Xunta informa de que a exposición sobre o Xacobeo e o Camiño de Santiago celebrada na cidade holandesa de Utrecht recibiu máis de 50.000 visitas dende novembro. Utrecht é unha das cidades máis vencelladas coa peregrinación xacobea e, de feito, unha das súas igrexas máis importantes está adicada a Santiago.