Galicia rexistrou no pasado mes de febreiro un total de 164.111 viaxeiros aloxados no conxunto da oferta turística regrada (establecementos hoteleiros e extrahoteleiros), un 4,4% máis respecto do mesmo mes do ano 2011, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Esta cifra constrasta coa producida a nivel estatal, onde se rexistrou unha baixada do 1,5% en canto a volume de viaxeiros.
Por tipoloxías, os hoteis foron os que rexistraron un maior incremento do número de viaxeiros, un 6% máis respecto a febreiro de 2011. No conxunto da oferta hoteleira –hoteis e pensións- a suba foi do 4%. Na oferta extrahoteleira produciuse unha suba significativa no aumento dos viaxeiros aloxados nos establecementos de turismo rural, concretamente dun 23,2% máis respecto ao mesmo mes do ano pasado. En total, o volume de viaxeiros na oferta extrahoteleira aumentou un 13,6% respecto a febreiro de 2011.
A estas cifras hai que engadir o número de excursionistas estranxeiros que chegaron a Galicia nese mes e que, segundo os últimos datos de Frontur, que analiza os movementos en fronteira, suman un total de 309.488. Este dato supón un 5,7% máis respecto dos recibidos en febreiro de 2011.