No tocante ao turismo de saúde e benestar ambas administración acordaron desenvolver medidas de intercambio de experiencias e tamén se abordaron temas nos que xa colaboran estreitamente como o desenvolvemento da Ruta Tranfronteiriza da Auga, un proxecto financiado polo POCTEP que prevé a creación, implementación e promoción de rutas transfronteirizas que percorran balnearios termais do Norte de Portugal e de Galicia.
Outro dos asusntos abordados foi a ordenación da oferta do Camiño Portugués a Santiago a través dun proxecto que permita a limpeza da ruta, a sinalización uniforme, a xeorreferenciación, o establecemento de puntos de apoio ao peregrino, a rehabilitación de algúns albergues, a seguridade, a promoción e a divulgación nos mercados alemán, inglés, holandés e brasileiro.