O Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela abre este mércores as súas portas, en horario de mañá e tarde, para dar a coñecer as súas actividades a medios de comunicación e sociedade en xeral. Para elo, celebraranse unha serie de visitas guiadas a cargo de profesores, alumnos e ex alumnos.
Dende a súa apertura, pasaron por este centro máis de 8.000 alumnos e nestes momentos estanse a desenvolver ata seis accións formativas diferentes: de cociña, operacións básicas de restaurante-bar, operacións básicas de cociña, coctelería, cociña de caza e setas e enoloxía. Entre os docentes que imparten os cursos atópanse o sumiller Carlos Portela, o xefe de sala Pedro Sestayo ou Marcos Martínez, Campión de España de Coctelería non alcohólica.