Pontevedra acolle a Gala do Turismo e a Gastronomía máis internacional

A edición número catorce da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia será unha das máis internacionais de cantas se teñen celebrado ata o momento. O evento espertou un inusitado interese no veciño Portugal e xa teñen confirmada a súa participación representantes de todas as autarquías que compoñen o Vale do Minho, así como diversos medios de comunicación. Cabe lembrar que entre os Nomeados que recibirán o Pergameo está a iniciativa ‘Lampreia do Minho’ de Adriminho. Ademais, ten confirmada a súa presenza o presidente de Turismo de Porto e Norte, Melchior Moreira.

Dentro do territorio nacional tamén teñen amosado o seu interese por asistir á Gala restauradores doutras Comunidades Autónomas como Castela e León ou Castela A Mancha.

Premiados. En total, serán vinteoito os Nomeados nos Premios HG&T-Agaxet, vinteoito personaxes e/ou iniciativas que destacaron no pasado ano. Entre eles, nove serán merecedores da Medalla Dagda, un dobre recoñecemento que outorga a prensa especializada, representada pola Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agaxet).

Os Nomeados son: Concello de Santiago-Hostelería Compostela, R e C.R.I.X.P. Mel de Galicia (Accións de Promoción e Marketing); Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, Adegas Martín Códax e Proxecto Lampreia do Minho (I+D e Formación); Parque Rupestre de Campo Lameiro, Concello de Pontevedra e Semana Santa de Ferrol (Recuperación e conservación do patrimonio); Canal Cocina, NigraTrea e Pescafresca-Pescanova (Imaxe intersectorial e divulgación); Costas Galicia, Estrella Galicia e Bodegas Torres (Proxectos empresariais); Asociación Galega de Baristas, Gerardo Méndez e Menus.es (Iniciativas profesionais); Cash Record, Almar, Tattoo Contract e Acuarios Prieto (Equipamentos e suministros); Platú, Abadía da Cova Autor, La Mar e San Amaro Dark (Botellas do ano) e Fuera de Serie de Luis Escurís Batalla e A Pementeira (Bocados do ano).

A Gala complétase coa entrega dos premios aos podios dos campionatos galegos de Sumilleres e de Xefes de Sala-Maitres celebrados entre galas e do Premio Especial que concede a redacción da revista Hostelería Galega & Turismo e que este ano recaiu na Guía Michelin. (Foto: Premiados 2011)