A cidade de Lugo conta con información turística en braille dos distintos monumentos e lugares de interese do Casco histórico. Para que as persoas con deficiencias visuais teñan acceso á información da nova sinalización turística, instalada con financiamento do Plan Urban, o Concello contou coa colaboración da Organización Nacional de Cegos de España.
O tenente de Alcalde e concelleiro de Turismo, Antón Bao, destacou que con esta sinalización en braille avánzase un chanzo máis no obxectivo de conseguir que Lugo sexa unha cidade accesible tamén para o turismo. Neste sentido, instou á Xunta a resolver os problemas de accesibilidade da Muralla para que o principal monumento da cidade, que constitúe o emblema de Lugo e que está declarado monumento Patrimonio da Humanidade sexa accesible e poida ser visitado, por exemplo, por persoas en cadeira de rodas.
Antón Bao tamén se referíu ás distintas iniciativas que en materia de fomento do turismo está a levar a cabo o Concello e indicou que "pese á situación de crise económica este traballo está a dar os seus froitos". Como exemplo sinalou que este ano comezou cun incremento de turistas respecto ao pasado ano. En concreto, nos meses de xaneiro e febreiro rexistráronse un total de 2.118 visitantes na oficina de Turismo, 338 máis que en xaneiro e febreiro de 2011.