O Parlamento de Galicia deu hoxe o visto e prace á Lei Galega de Protección Xeral das Persoas Consumidoras e Usuarias elaborada pola Consellería de Economía e Industria para incrementar o nivel de protección dos consumidores galegos tras 27 anos de vixencia da anterior normativa.
A nova lei moderniza o contexto normativo, adaptándoo ás necesidades reais de protección dos consumidores, xurdidas ante os numerosos cambios que experimentou o mercado, e foi deseñada atendendo ás demandas dos consumidores. Neste sentido, a lei céntrase en protexer a súa saúde e seguridade, afianzando a protección dos consumidores máis vulnerables; concretando e clarificando os seus dereitos e apostando pola mediación e a arbitraxe para resolver os conflitos. A nova lei establece ademais un réxime sancionador propio.
A norma, que conta co respaldo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, máximo órgano de representación dos consumidores en Galicia, e co de todas as federacións de consumidores da comunidade, fai unha definición clara dos dereitos dos consumidores fronte aos riscos que poidan comprometer a súa seguridade, a prol da protección dos seus lexítimos intereses económicos e sociais, prestando especial atención aos colectivos con necesidades específicas de protección. Neste sentido, crearase un Observatorio sobre prezos de bens e servizos.