Novo marco normativo para potenciar o sector vitivinícola

O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba publicar o decreto da Consellería do Medio Rural e do Mar polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia. Con esta norma establécese un marco normativo para protexer o equilibrio territorial e produtivo acadado por este sector en Galicia. Contémplase tamén o apoio á viticultura tradicional galega –que conta cun gran predominio de pequenas explotacións familiares–, así como a defensa dunha verdadeira política vitícola de calidade.

En termos de mellora e cambio en relación coa situación previa, a norma dispón uns obxectivos estratéxicos. O primeiro consiste en preservar o patrimonio vitícola de Galicia, dentro do seu ámbito rural, ambiental e turístico. En segundo lugar, pretende nutrir a reserva autonómica de dereitos de plantación de viñedo para a súa posterior distribución entre os viticultores que os soliciten. Tamén recolle a potenciación da utilización e actualización do Rexistro Vitícola de Galicia (RVG). No seguinte punto figura a promoción e desenvolvemento sustentable do cultivo da vide, preservando as mellores tradicións galegas dentro deste campo. Finalmente, fixa a redución de carga administrativa nos procedementos incluídos no decreto.