O Castelo de Soutomaior recibe este sábado o nomeamento oficial dos seus xardíns como Xardíns de Excelencia Internacional, único en España, nun acto ao que está previsto que asista o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán; e a presidenta da Sociedade Internacional da Camelia, Patricia Shors; entre outras autoridades.
O parque botánico de Soutomaior é o primeiro de España en obter este prestixioso recoñecemento, que lle foi concedido o 8 de febreiro na localidade China de Chuxion co voto favorable dos 26 países que integran a Sociedade Internacional da Camelia.
Só outros 9 xardíns en toda Europa teñen recibido este recoñecemento, dos cales 4 están no Reino Unido, 2 en Alemaña, 1 en Italia, 1 en Francia e 1 en Suiza. No resto do mundo atópanse outros 19 xardíns de excelencia, distribuídos entre China, Xapón, Nova Zelanda, Estados Unidos, Australia e Sudáfrica.