Por segundo ano consecutivo, o Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) acolle a quince chefs que participan na quinta edición de “Formación de Xóvenes Profesionais en Gastronomía Española”, un programa organizado polo ICEX. O programa formativo, de oito meses de duración e estruturado en tres etapas, recala no Centro Superior de Hostelería de Galicia e conta con chefs procedentes de Suíza, Alemaña, Dinamarca, Rusia, Estados Unidos, Canadá, Brasil, México, China-Hong-Kong, Xapón, Australia, India e Singapur.
Os profesores do CSHG aprenderanlles a elaborar diferentes receitas da gastronomía galega durante toda a xornada de hoxe. Sobre as 14 horas, o grupo poderá degustar os pratos que se elaborarán na xornada matinal, nun xantar que se servirá acompañado de viños das diferentes Denominacións de Orixe Protexidas de Galicia. Os cociñeiros terán ocasión de coñecer como se prepara a empanada de bacallau con pasas, os mexilóns, as ameixas á mariñeira, o carpaccio de polbo, os grelos, os cachelos, o caldo galego, a raia, a caldeirada de pescada, a carne ao caldeiro, a torta de queixo e a Tarta de Santiago.