O IES Fraga do Eume acolle unha nova edición do concurso José Rodríguez-Moldes

O Instituto de Educación Secundaria Fraga do Eume acolle este xoves o XIII Concurso de Cociña e Coctelería José Rodríguez-Moldes, no que participan alumnos das escolas de hostalería galegas. No apartado de cociña, este ano séguese coa dinámica de anos anteriores ao incluir unha elaboración tradicional, vieira á galega, e unha elaboración creativa a base de ovo. No apartado de coctelería, a proba do concurso valora a destreza e técnica dos participantes a partir dun receitario internacional de coctelería. No caso de cociña, os alumnos participan en parella mentres que en coctelería a participación é individual.

Nesta edición participan alumnos dos centros de As Pontes, Foz, Sanxillao, Vilamarín, Pontevedra, Vigo, Compostela, Sober, Pontedeume e Ferrol. O xurado de cociña está composto por sete membros, entre os que se atopan o cociñeiro Héctor López e o crítico gastronómico José Varela. Pola súa banda, o xurado de coctelería está composto por un profesor de cada unha das escolas de hostalería participantes e dous representantes da Asociación Galega de Barmen (Agaba).

Os premiados coñeceranse en torno ás 14.20 horas, previa celebración dun xantar.