No marco do XVII Monográfico de Gando Porcino celebrado na Feira Gandagro de Silleda, o director xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar, José Álvarez Robledo, salientou o afianzamento do sector porcino galego no mercado exterior, con preto de 900.000 exportacións no 2011 tan só a Portugal. O titular de Produción Agropecuaria apuntou que “o noso país veciño conta cunha fonte de subministro segura e de calidade que continuará no futuro”.
Álvarez Robledo enxalzou a profesionalidade deste sector e salientou o estatus sanitario do porco como un dos puntos fortes do sector agrogandeiro en Galicia.
O director xeral fixo fincapé na situación actual do sector e as subas continuadas dos prezos que se están a constatar que “evidencia boas perspectivas” dixo. Estes dous factores en conxugación coas exportacións “afianzan este sector coma un dos puntais na produción agrogandeira galega” explicou.