Os servizos técnicos do Sindicato Labrego Galego veñen de facer unhas primeiras estimacións das perdas económicas que a seca está a causar nos principais sectores agrogandeiros de Galicia. A situación é “alarmante”, ó ver do sindicato, xa que “amais das abondosas perdas que están a sufrir as explotacións de vacún, tanto as de leite como as de carne, habería que engadir o impacto que a falla de precipitacións está a ter en sectores agrarios estratéxicos para moitas comarcas galegas como o viñedo, a pataca ou a horta”.
No sector vitivinícola, o sindicato indica que se está a notar moito a seca, sobre todo nas plantacións máis recentes “pois non poden prosperar sen rega, e o custe de regar unha hectárea de viñedo ronda os 300 euros”. Por outra banda, as vides que están en plena produción “poderían ver minguada a colleita final entre un 40 e un 50% se continúa sen chover”, asegura o Sindicato Labrego Galego.