O Turismo de Galicia promociónase ata o sábado na feira ‘Moscow International Travel & Tourism’, un dos principais mercados turísticos deste país. O Turismo galego acude por primeira vez a este certame turístico, cun expositor dentro do stand de Turespaña, para difundir os valores turísticos de Galicia e o Camiño de Santiago na capital de Rusia, onde se concentran o maior número de operadores turísticos e axencias de viaxe deste estado.
Doutra parte, dentro das accións para a promoción do Turismo de Galicia en Rusia, Turgalicia participará nunha misión comercial –xornadas de promoción directa- nas principais cidades rusas entre os días 4 e 9 de xuño, co fin de promocionar a oferta turística galega neste mercado.