O Xacobeo participou nunha feira de turismo en Colombia

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo participou na feira de turismo organizada en Bogotá pola ANATO -Asociación Colombiana de Axencias de Viaxe e Turismo- entre os días 29 de febreiro e 2 de marzo. Este evento turístico celebra a súa XXXI edición coa participación de 700 empresas de 30 países.

O Xacobeo acudiú por segundo ano consecutivo a esta cita dentro do stand de Turespaña e coa Oficina Española de Turismo de Miami, dado que unha das particularidades desta feira é que funciona como punto de encontro de axencias de viaxes e turoperadores do sur de EEUU e dos países latinoamericanos.

A cifra de peregrinos procedentes de Estados Unidos e de Latinoamérica é cada ano máis elevada, tal e como se pode contabilizar a través das compostelas recollidas na Oficina do Peregrino do Arcebispado de Santiago de Compostela. Mentres que Estados Unidos ocupou tanto no Ano Santo como en 2011, a sexta praza na listaxe de nacionalidades dos peregrinos, con 3.334 e 3.726 peregrinos respectivamente. Outro exemplo é Brasil, o primeiro país latinoamericano da listaxe, que ocupou no 2010 o oitavo lugar do ranking de procedencia con 2.121 camiñantes en 2010 e o undécimo lugar o pasado ano con 1.983 peregrinos procedentes de Brasil.

Este ano participa en ANATO o Amazonas como rexión convidada e entre as actividades paralelas abe inalar a roda de negocios Colombia Travel Mart, na que 170 empresarios de 27 países do sector turístico especializados en turismo vacacional e de reunións establecerán contactos profesionais.