Os alumnos do IES de Foz catan whiskys

Esta tarde, os alumnos do IES de Foz teñen a oportunidade de participar nunha cata de whiskys. O acto celebrarase ás 16.00 horas, organizado por Knokando e Whiskys Premium, e servirá para que os futuros profesionais da hostalería descubran os segredos deste licor.

Esta cata encádrase nun programa de actividades que este mes incluirá outras dúas probas, unha de aceites con D.O. Montes de Toledo e outra de chocolates.