A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl) celebra esta noite a súa tradicional gala anual. A cerimonia desenvolverase no Hotel Jorge I e dará comezo ás 20:30 horas cun aperitivo, tras o que se procederá á entrega dos galardóns cos que a Apehl adoita homenaxear aos profesionais do sector.
Este ano recibirán os recoñecementos Mª Luisa Díaz Doval, do Hostal-Restaurante Alborada (O Corgo), por toda unha vida dedicada aos fogóns, e a Asociación Amigos de San Froilán de Barcelona, que será nomeada Embaixadora Hostaleira da Provincia 2012. Ademais, concederase por primeira vez a Medalla de Ouro da Apehl, e o receptor será Santiago Argüeso Peña pola súa colaboración coa Asociación dende o seu inicio.
A gala estará conducida polo xornalista Antón Grande e está prevista a asistencia de hostaleiros procedentes de distintos puntos da provincia, así como de autoridades dos eidos local, provincial e autonómico.