OS MELLORES DO TURISMO E A GASTRONOMÍA DE GALICIA

A edición número catorce da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia xa entregou os Pergameos e Medallas Dagda aos mellores do ano. O Teatro Principal de Pontevedra foi nesta ocasión o lugar elixido para reunir ás principais representacións do asociacionismo vencellado cos sectores turístico e hostaleiro galegos, nunha festa anual que recoñece ás mellores iniciativas e persoeiros. Na gala, conducida polo xornalista Ramón Castro, concedéronse un total de 28 Pergameos e 9 Medallas Dagda (premio da crítica), ademais do Premio Especial á Guía Michelin. Este recoñecemento foi recollido polo director da publicación en España, Fernando Rubiato.

Previamente, entregáronse os premios aos podios dos últimos campionatos galegos de xefes de sala-maitres e sumilleres.


Carlota Román, concelleira de Turismo de Pontevedra, deu a benvida á cidade a todos os asistentes, recordando a fonda vinculación que a 'Boa Vila' ten coa gastronomía. Pola súa banda, o presidente de Agaxet e director-fundador de HG&T, Guillermo Campos, convidou ao xornalismo especializado a ser crítico e ao empresariado a non desanimarse nestes difíciles tempos que estamos a vivir e que teñen provocado o peche de innumerables establecementos.

A entrega de premios propiamente dita tivo como apertura una exposición de varios exemplares da colección de Guías Michelin dos irmáns Cancela, de Carballo, e como colofón, un cóctel que se desenvolveu no contiguo Liceo Casino.


Este é o listado de premiados na XIV Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia:

Accións de Promoción e Marketing
Concello de Santiago-Hostelería Compostela (Pergameo + Medalla Dagda)
R (Pergameo)
C.R.I.X.P. Mel de Galicia (Pergameo)

I+D e Formación
Proxecto Lampreia do Minho (pergameo + medalla Dagda)
Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro (pergameo)
Adegas Martín Códax (pergameo)

Recuperación e conservación do patrimonio turístico

Concello de Pontevedra (pergameo + medalla dagda)
Parque Rupestre de Campo Lameiro (pergameo)
Semana Santa de Ferrol (pergameo)

Imaxe intersectorial e divulgación
Pescafresca-Pescanova (pergameo + medalla)
Canal Cocina (pergameo)
NigraTrea (pergameo)

Proxectos empresariais
Estrella Galicia (pergameo + medalla)
Costas Galicia (pergameo)
Bodegas Torres (pergameo)

Iniciativas profesionais
Gerardo Méndez (pergameo + medalla)
Asociación Galega de Baristas (pergameo)
Menus.es (pergameo)

Equipamentos e suministros

Tattoo Contract (Pergameo + medalla)
Cash Record (pergameo)
Almar (pergameo)
Acuarios Prieto (pergameo)

Botellas do ano

Abadía da Cova Autor (pergameo + medalla)
Platú (pergameo)
La Mar (pergameo)
San Amaro Dark (pergameo)

Bocados do ano
Fuera de Serie de Luis Escurís Batalla (pergameo + medalla)
A Pementeira (pergameo)