O PPdeG vén de presentar no Parlamento unha iniciativa encamiñada a axilizar os procedementos administrativos que teñen por obxecto a obtención de licencias turísticas, co fin de “dinamizar o sector”. Para a voceira de Turismo, Natalia Barros (foto), coa nova Lei de Turismo de Galicia “nace un instrumento de xestión que resultará máis útil para todos e, como consecuencia da transposición da directiva marco de servizos europea, garantirase a libre prestación dos servizos para unha maior liberdade de empresa, eliminando trabas e burocracias que prexudiquen a competitividade do sector turístico da nosa Comunidade”.
Natalia Barros indica que “moitas veces a multitude de ordenanzas municipais existentes para a apertura de establecementos turísticos o que fai é complicar a tramitación e pór trabas ao desenvolvemento da actividade polo que, salvando as peculiaridades dos centros históricos dos concellos, é necesario que exista unha coordinación que facilite os trámites precisos para conquerir esas licencias”.
Na iniciativa popular se solicita que esa coordinación se estude no marco dunha comisión de traballo participada polo centro directivo en materia de turismo da Xunta de Galicia e a Fegamp. ”Trátase de evitar eses procesos que a veces son demasiado lentos e complicados e simplificar a lexislación en materia de turismo en todos os concellos, reducindo as cargas administrativas e eliminando os elementos que freen e bloqueen a actividade emprendedora turística” segundo Natalia Barros.