As previsións de ocupación hoteleira para Semana Santa na provincia de Pontevda roldan o 70%, sendo algo máis positivas que as do pasado ano. Segundo indicou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, as “previsións son optimistas” e “imos estar nunhas cifras parecidas ás do ano pasado”.
Os datos para Sanxenxo e o Salnés sitúan a ocupación por riba do 40% nos días laborables da semana e entre o 65% e o 85% nos festivos. No caso de Pontevedra e Vigo, as cifras sitúan a ocupación entre o 35% e o 40% durante a semana e en torno ao 65% nos festivos, datos moi similares aos que se manexan para Baiona, aínda que neste caso o Parador xa ten reservada unha alta ocupación.
En canto ao turismo rural, a previsión fala dunha ocupación de entorno ao 20% durante a semana e do 50% os días festivos. Cómpre ter en conta que cada vez se fan as reservas co tempo máis xusto e neste ano os clientes están a reservar con pouca anticipación. Neste sentido, Louzán indicou que incluso a folga xeral de onte “puido distorsionar e ralentizar algo as reservas”, que se espera recuperar nos próximos días.